
Talleres de Percusión

Sorprende nun día Especial!
Realizamos Obradoiros de Batucada onde vivir a trepidante experiencia de tocar grandes tambores, danzar a un mesmo ritmo e ser a música da nosa propia festa!
Proba un taller de batucada e un concerto en directo das Bravatukas!

Batucada de Mulleres Bravas
BravatukAS
Ritmo, forza, alegría, bravura, tradición, frescura, sorrisos, enerxía, danza, sororidade, natureza.
Unha poderosa agrupación de percusionistas que transmiten a súa boa enerxía, alegría e bravura percorrendo as rúas con rítmos de tradición afrobrasileira, galega e do mundo enteiro.
Unha Mistura de Sons, Un mesmo Movemento Vibratorio,
Un mesmo Camiñar
Xuntas!





O Poder da Percusión en todos os ESPAZOS
Obradoiros Itinerantes
Colexios
As crianzas máis novas experimentan ca percusión a través de diferentes instrumentos, sonoridades e movementos.
Un xogo musical de desenrolo afectivo, intelectual, sensorial e motriz. A BANDA DO PATIO!
Institutos
A mocidade máis efervescente, a enerxía que quere espallarse e vibrar. Partillar sorrisos e rexuntando a todo o grupo.
Improvisar ritmos novos, traballando o liderazgo e a conciencia grupal. BRINCAR, BAILAR E BERRAR.
Campamentos
Ponlle banda sonora á convivencia con xogos rítmicos a golpe de tambor, utilizando o corpo como elemento primario de expresión.
Crearemos un peque-repertorio con cantos creados polas acampadas. A BANDA DO CAMPA!
Team Building
Para Empresas e Equipos de Traballo. Escoitámonos, tocamos ó mesmo pulso e coordinámonos, sentindo como nace a música en grupo.
Enriquece os vínculos, o traballo en equipo e a cooperación. Acada UN EQUIPO CON RITMO!


Batucada Reciclada
Obradoiros onde construir xuntas a nosa propia banda con tambores de refugallo.
Tocar ritmos enerxéticos e Berrar con forza na túa Escola, Instituto, Agrupación…

BravaEsCool
Clases de Percusión e Escolas de Batucada para Mulleres.
Unha actividade non-mixta de Coidado Grupal e Crecemento Persoal, de Expresión e Creatividade.
Sororidade e Feminismo a través da Percusión.

A nosa inspiración
Coñeces a Batucada Brasileira?
Dende a súa orixe, estes tambores son unha ferramenta de unión e empoderamento da poboación negra africana, escravizada polos europeos nos pobos brasileiros.. Ainda hoxe é utilizada para luitar polos seus dereitos e crear comunidade.
A incorporación da muller ós espazos visibles e de dirección é relativamente recente…
As formacións típicas de percusionistas do Carnaval de Salvador de Bahía, que ocupan as rúas reivindicando e celebrando o seu espazo, chámanse Blocos Afro?
E que de aquí xurdiu un estilo musical propio, denominado Samba Reggae?
Saber máis…

CONTACTO
Consulta connosco calqueira dúbida. Fainos a túa proposta!