TAMBORES LÚDICOS e ITINERANTES

Música accesible a tódalas persoas dun xeito divertido e empoderante.

Disfruta da experiencia de tocar un instrumento sen ter coñecementos previos.

OBRADOIROS que ofrecemos:


BATUCADA RECICLADA

Talleres rítmicos, empoderantes e divertidos onde levaremos os instrumentos de percusión reciclados construídos na factoría d’A Percudoría.

Montaremos ritmos de percusión sinxelos e aprenderemos conceptos básicos sobre a música en grupo. Xogaremos ca percusión corporal e experimentaremos con diferentes instrumentos, sonoridades e movementos.

Unha actividade ideal para familias e grupos que queren experimentar un novo xeito de expresarse e compartir.

PERCUSIÓN GRUPAL

Escola de batucada con tambores profesionais, dinámica e accesible a tódolos públicos. Experimenta un auténtico bloco de percusión!

Sen necesidade de ter coñecementos de ningún tipo tocaremos ritmos de blocos afro de Salvador de Bahía e outras rítmicas de músicas populares que rápidamente levarán ó grupo a bailar e descubrir a raíz e o poder de surdos, repiques, caixas e tamboríns.

Tamén realizamos talleres de danza con instrumento e levantamento de surdo. Monta coreografías na túa batucada!

CREACIÓN DE TAMBORES

Obradoiros musicais e creativos onde construiremos instrumentos reciclados sinxelos e aprenderemos ritmos básicos de percusión.

Formaremos a nosa batucada con tambores de creación propia, montando así o teu propio grupo!

Ademáis realizamos Talleres de construción de mazas para surdos.


Percusión na túa aldea, barrio, escola, empresa, centro social ou no teu grupo de amizades…

Ti escolles!



Por qué?

A música, e moi especialmente o ritmo e a percusión, son primordiais no desenrolo afectivo, intelectual, sensorial e motriz.

RECONFORTANTE: promove a actividade motora, cultiva a concentración e a escoita focalizada, estimula as habilidades sociais e reafirma a imaxe propia. Unha ferramenta de unión e autodesenrolo das persoas, experimentando co son e colaborando co grupo.

REVOLUCIONARIA: inspira á autosuficiencia, aproveitando recursos e o aprecio polo traballo en equipo. Incrementa a participación e fomenta a creatividade e pona en práctica. Empoderante e liberadora.

REINVENTARSE: o que semella ruido e lixo agora será ferramenta pra facerse oir e de disfrute. Encherse de enerxía mentras compartes e colaboras.

Para quen?

Dende os 7 anos ate os 99:

  • Asociacións
  • Escolas
  • Colexios
  • Centros Educativos
  • Universidades
  • Centros de Ocio
  • Centros de Educación Especial
  • Colectivos
  • Residencias
  • Familias
  • Despedidas
  • Festas particulares
  • Vodas
  • Celebracións
  • Eventos
  • Pasarrúas
  • Desfiles
  • Empresas
  • Team Building

O Nº de Participantes non é ningunha limitación. Podemos facer grupos reducidos ou incluso chegar ás cen persoas e facer retumbar as rúas.

Canto tempo?

A duración é variable, según o voso obxectivo:

  • Un par de horas
  • Unha xornada completa
  • Unha fin de semana
  • Aula semanais
  • Master Class
  • Escolas

Adaptámonos a vós!





É unha actividade completamente colaborativa e práctica que propicia a comunicación e o traballo en equipo.

Ideal para grupos interxeneracionais e aberta a un público diverso, chegando a tódolos ámbitos sociais.


A batucada, como grupo de percusión, esperta un sentimento de unión, de equipo, no que tódalas persoas son igual de importantes.


Contacto

Queres facer un obradoiro na túa escola?
Celebrar cas amizades un día especial?
Animar un evento cunha actividade dinámica, accesible e divertida?

Consúltanos sen compromiso!

Os nosos obradoiros chegan ate onde tí estás!

A Percudoría
630 200 094
686 989 110

Envíanos unha mensaxe


Dereitos de autor de A Percudoría. Todos os dereitos reservados.

Create your website with WordPress.com
Primeiros pasos
A %d blogueros les gusta esto: